Moda, Tendencias, Estilos. Compras y experiencias en la red

Volta aos bares e restaurantes coa XIII edición de Santiago (é)tapas

Mañá día 11 de novembro, 38 establecementos da capital galega participarán coas súas tapas tradicionais e creativas no xa emblemático concurso gastronómica

O ano 2020 foi complexo para calquera evento que supuxera unha gran afluencia de xente, e máis se se trataba de lugares pechados como pode ser un bar ou un restaurante. Por iso, a Asociación Hostalaría Compostela, organizadora do concurso, viuse na obriga de suspender a XIII edición do Santiago (é)tapas. Este ano, coa case inexistencia de medidas sanitarias debido a mellora da situación vivida pola pandemia da Covid-19, e a case volta á normalidade, volven os eventos a Santiago, e polo tanto o famoso certame gastronómico.

O evento dará comezo mañá día 11 de novembro tras ser presentado onte no pazo de Raxoi polo concelleiro de Turismo Sindo Guinarte, a xerente de Turismo de Santiago Flavia Ramil e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela Thor Rodríguez. Na rolda de prensa falaron de cuestións xerais desta cita gastronómica e os seu funcionamento durante as dúas semanas e media de duración, nas que 38 locais ofertarán tapas de tódolos tipos e para tódolos gustos.

Os participantes poderán elixir entre as cinco rutas propostas, que tentan simular os distintos camiños de Santiago: (é)tapa I, camiño portugués; (é)tapa II, camiño inglés; (é)tapa III, camiño primitivo; (é)tapa IV, camiño do norte; (é)tapa V, camiño francés. Ademáis, nesta ocasión, como novidade, ofertase unha ruta con opcións vexetarianas, veganas o flexiveganas, para que todas poidan desfrutar do tapeo, “parte da esencia de Santiago” segundo o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Aínda que as rutas non son de obrigado cumprimento, os organizadores recomendan ao público completar algunha delas para poder así optar aos diferentes agasallos que se ofertan. Entradas para partidos da SD Compostela, un abono dobre para toda a tempada do Obradoiro CAB, estancias de hotel, botellas de viño ou vales para o Mercado de Abastos. Todo isto só pola partipación no evento e axudar así tamén a incentivar o consumo no sector da restauración. Ademáis sortearase unha cea para dúas persoas no restaurante A Tafona entre todas aquelas persoas que depositen o seu voto nas urnas habilitadas nos diferentes locais.

Os establecementos presentados, ademáis de ofertar as súas elaboracións, optan a diferentes premios. Mediante un voto ponderado entre un xurado profesional e o público participante entregarase un primeiro e segundo premio as dúas mellores tapas tradicionais e outro primeiro e segundo premios as tapas creativas, onde as cuantías serán de 1000 euros aos primeiros clasificados e de 500 euros aos segundos. Tamén se reparirán dous premios de 700 euros a unha tapa tradicional a a outra creativa segundo os votos do público. Como novidade este ano entregarase tamén un premio á mellor tapa sen glute.

Estamos ante unha cita económica, xa que o prezo das tapas oscila entre os 1,5 e os 3,5 euros, para tódolos gustos pola variedade de establecementos e ofertas gastronómicas, para desfrutar en compañía ou en solitario e un plan diferente ao carón da casa neste mes de novembro.

Relacionado