Moda, Tendencias, Estilos. Compras y experiencias en la red

Somos océano

De @somosoceano quedámonos prendadas a primeira vez que vinos algo delas co deseño “merda” e mercamos os calcetíns. somosoceano  teñen unha web de alto nivel e moitos puntos de venta por toda Galiza. Pero ademais de porque os seus deseños sexan moi guays queremos falar deles porque controlan o proceso productivo e poden garantir o respeto ás condicións laborais e a cercanía da materia prima. Algo que valoramos moitisimo. A súa fundadora coñece ben o mundo textil (anímovos a ler dela na sua web) e é fermosa a sua motivación para crear @somosoceano . Agora teñen unha liña de calcetíns do Xabarín, e nós dende logo que somos do clube.

Visitar Instagram

Visitar tenda on line

Relacionado