Moda, Tendencias, Estilos. Compras y experiencias en la red

Salsagaucha

Defínense como retro-rural. Ademais podemos atopar outras características nos seus deseños: reivindicación, sarcasmo, sentido do humor, creatividade, comodidade, e motivos tan nítidamente femininos como as “conas” que aparecen nos seus patróns e logos. Se non coñecedes @salsagaucha, e vos perdestes a medios de todo o estado sinalando que a orixinal mascarilla de Fernando Simón era da firma ourensana, e vos perdestes a @nosdiario falando deste equipo de artistas, indicar que deseñan, confeccionan, elaboran a man, e crean proxectos divinos de promoción como os que elaboran con @noelia.rgb. Teñen etsy e unha conta ben feitiña: @salsagaucha

Visitar Instagram

Visitar tenda en Etsy

Relacionado